Programación RaspBerry Pi

Na sección Documentación atópase unha guía sobre os erros máis habituais na programación.

C++
RaspBerry Pi soporta diferentes linguaxes de programación, C++, Python, Java, etc.

En canto a C++ existe o problema de que non é un estándar en si, senón a evolución da linguaxe C, polo que existen diferentes versións que provocan que non sexan compatibles entre elas.

GNU / Linux non dispón dun entorno de programación ou IDE.  A pesares de que existen diferentes entornos frontend, estes precisan dun compilador de C++, que no caso de GNU / Linux é o GCC+, que pode ocasionar dificultades para executar programas C++ creados noutros compiladores.

SCRATCH
Curiosamente unha das linguaxes de programación máis integradas en RaspBerry Pi sexa Scratch, que ven instalado de xeito predeterminado na distribución RaspBian.
Esta linguaxe foi desenvolta por Mitchel Resnick do MIT Media Lab para achegar a programación aos máis cativos.
Dispón dunha interfaz moi visual na que toda a programación realízase con instruccións dentro de bloques de cores, o que se chama Programación Visual.
Cada cor representa un tipo de instrucción e o programa vaise “construíndo” a base de unir bloques e darlle valores, polo que apenas se emprega o teclado, casi todo se fai arrastrando e colocando bloques de instruccións.

Esta linguaxe provee dun sistema moi básico (apagar e acender) dos GPIO da RaspBerry Pi, polo que o seu uso céntrase no ámbito educativo.
Para máis información consultar o Proxecto de acendido dun LED con Scratch.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *