Dúbidas Básicas (FAQs)

PREGUNTAS FRECUENTES

­¿Que son as Fontes Libres ou Abertas (Open Source)?

As Fontes Libres ou Abertas fan referencia a calquera tipo de contido de libre uso.
Os máis coñecidos son os programas de código aberto, pero tamén existe documentos de uso libre, libros, vídeos ou música.

Outro tipo de Fonte Libre é o Hardware Aberto ou Libre, que permite que calquera poda construír pola súa conta un dispositivo ou aparato sen ter que pagar polos planos ou esquemas (pode que haxa que pagar por conceptos de creación, recursos empregados, etc.).
Os proxectos de Hardware Libre máis coñecidos son Arduino e as impresoras 3D.  Caso distinto é a plataforma RaspBerry Pi, xa que aínda que permite o seu libre uso, non permite a modificación ou replicación dos seus compoñentes, que se distribúen con dereitos de uso privado (ver apartado nesta páxina).

Que algo sexa de Fonte Aberta non quere dicir que sexa gratuito, os autores poden cobrar polo esforzo de crealo, para manter o proxecto ou por preparar o envío.

Tampouco hai que confundir o contido aberto có contido gratuito: Os navegadores Google Chrome e Microsoft Edge son programas gratuitos pero non son fontes abertas, teñen dereito de propiedade e restricións tanto para o seu uso como para consultar ou modificar o código.

Outro tipo de contido có que non se debe confundir e o contido de tipo colaborativo.
Que os usuarios podan colaborar na elaboración do contido non quere dicir que este sexa libre, xa que se limita ao seu acceso e modificación.

As Fontes Abertas permiten o libre uso, modificación e distribución, pero de xeito gratuito. So poden cobrar por el os seus autores.

O resto de usuarios non poderán obter beneficio económico, non poden lucrarse con ese contido, nin limitar o seu uso a outras persoas.
Se realizamos modificacións no contido orixinal tamén estaremos obrigados a permitir a súa consulta e modificación, impedindo así que un contido aberto se converta en pechado.
Se desexamos obter algún beneficio económico polas nosas achegas, habería que consultar as condicións da licenza.

A finalidade desta licencia é evitar que terceiros usuarios ou entidades se aproveiten do traballo dos creadores e convertan o contido nunha fonte pechada.
Así, calquera que desexe empregar, modificar, instalar ou distribuir ese contido terá que facelo de xeito aberto: non pode cobrar polo seu uso ou distribución.
Pode ir xunto con contido privativo, pero sen poder cobrar por el: Se volvemos ao exemplo dos navegadores, Chrome e Edge, ambos privativos, vese que empregan código libre, polo que non poden ser de pago (fonte privativa ou pechada).

¿Que é o Código Aberto?

Refírese ao acceso libre ao código dos programas informáticos, namentres que as Fontes Abertas (Open Source) engloban calquera tipo de fonte aberta, incluido o código (ver definición).
Non se debe confundir có software gratuito, xa que o Código Aberto pode ser de pago (cóbrase polo esforzo de crealo ou por gastos de distribución).
Sen embargo o software aberto non se pode revender, debe distribuirse coas mesmas condicións coas que se obtivo para evitar que se converta en código pechado.

Licencias Abertas

As máis coñecidas son a Licencia Pública Xeral GNU (páxina oficial http://www.gnu.org/licenses/licenses.es.html#GPL) e a Creative Commons que se basean nas directrices establecidas polo  CopyLeft, un conxunto de normas que tratan de dar un  marco legal para regular e protexer ás fontes abertas.
Estas licencias establecen, basicamente, que o contido será accesible (código, documentación, esquemas, deseño de pezas, etc…).
Poderá modificarse, replicarse, distribuirse e utilizarse sen restricións e sen cobrar nin polo contido ni polas modificacións que se lle fagan, asegurando así que siga sendo de uso libre.

¿Que son o SoftWare (SW) e o HardWare (HW) Libres?

Tanto o SoftWare Libre coma o HardWare Libre empregan licencias de Fonte Aberta (Open Source). Isto quere decir que o se uso, modificación e distribución deben ser libres e non se pode cobrar polo seu uso (si se pode cobrar polo traballo realizado, custes do material, envío, etc.).
O SoftWare Libre indentifica a todo o software ou código informático de libre uso. Os máis coñecidos son o sistema operativo GNU / Linux, o navegador web Mozilla Firefox ou a suite ofimática LibreOffice.
En canto ao HardWare Libre aplícase ao mesmo concepto pero no hardware: dispositivos e aparatos que podemos deseñar pola nosa conta, se temos os coñecementos suficientes, e usalos e modificalos coa única limitación de que non podemos cobrar por eses cambios.

Os proxectos de Hardware Libre máis coñecidos son Arduino e as impresoras 3D.  Caso distinto é a plataforma RaspBerry Pi, xa que aínda que permite o seu libre uso, non permite a modificación ou replicación dos seus compoñentes, que se distribúen con dereitos de uso privado (ver apartado nesta páxina).

¿Que é o Arduino?

Arduino é unha plataforma de uso libre, tanto de SoftWare coma de HardWare.
Dende 2016 Arduino converteuse en marca reservada nos EE.UU, para o resto do mundo creouse a marca “Genuino”.

Arduino naceu como resposta a necesidade de dispor dunha plataforma programable e o máis sinxela posible na que non houbese que pagar os altos custes das plataformas privadas.

Con Arduino / Genuino dispomos dun microcontrolador programable estándar e aberto, o hardware, ao igual que o código de programación (o software).

Arduino permite o control de luces LED, motores, sensores e infinidade de dispositivos que permiten crear os máis variados dispositivos, o que é ideal para o campo da robótica.

A súa sinxeleza súmase a grande comunidade de usuarios, cada día maior, que colaboran facendo medrar cada día esta plataforma.
Isto esta a permitir a inclusión de diferentes tecnoloxías , coma as inarámicas con BlueTooth, Wifi e o manexo dende as apps dos móbiles.

¿Que é a RaspBerry Pi?

RaspBerry Pi e un proxecto da Fundación británica RaspBerry Pi para a disfusión das novas tecnoloxías entre os rapaces, especialmente da programación.
É unha plataforma privativa (dereitos reservados) pero permite o se uso libre e creación e distribución do seu contido (non se permiten modificar os circuitos nin os compoñentes da placa, pero podemos programar e crear proxectos libremente e distribuilos).

RaspBerry Pi é un microordenador integrado nunha placa de circuito do tamaño dunha billeteira. Dispón de todos os compoñentes básicos dun ordenador: Procesador Quad Core (a partir do modelo 2), saída HDMI, audio, portos USB, Ethernet RJ-45 e WiFi integrada a partires do modelo 3.

Cal debo escoller ¿Arduino ou RaspBerry Pi?

RaspBerry Pi require coñecementos medios de programación.
Arduino é moito máis sinxelo e programase cunha linguaxe parecida ao C.
Ademáis RaspBerry Pi é un ordenador, polo que simplemente para funcionar xa require un subministro de enerxía importante, todo o contrario que Arduino que só ten que alimentar ao microcontrolador, polo que apenas necesita uns poucos voltios para funcionar.

Se non queremos compricarnos podemos comezar por Arduino, coñecer o seu funcionamento e as súas capacidades e logo, se buscamos proxectos máis grandes, pasar RaspBerry Pi.
Con Arduino existen unha grande cantidade de compoñentes clónicos, incluido o microcontrolador a prezos moi baixos, polo que se algún destes compoñenetes faia ou non funciona, poderemos por uns poucos euros, ou menos, mercar varios deles.
No tocante a RaspBerry desaconsellamos totalmente mercar outros clónicos “frutais” e de outras especies, principalmente por que a principal fonte de recursos de RaspBerry Pi e a súa inmensa comunidade de usuarios, algo do que non dispoñen os clónicos.

Arduino
– Vantaxes:
Moi económico nas súas variantes clónicas.
Moi sinxelo de empregar.
Grande comunidade de usuarios e proxectos.
Fiabilidade bastante boa.  Se queremos ter maior seguridade hai que pagala mercando os productos oficiais, coa súa garantía de funcionamento.
Consumo moi reducido, ideal para proxectos móbiles.

– Desvantaxes:
A súa sinxeleza é tamén a súa miaor eiva, xa que limita os proxectos que podemos realizar directamente cun só Arduino.
Dirixido a proxectos relativamente simples. Para proxectos de maior complexidade require da compra e configuración doutros compoñentes e cartóns de ampliación (shields).
Potencia do microcontrolador.
Rixidez: O ser un sistema tan simple non ofrece demasiada flexibilidade a hora de programalo:
* Limitado número de instrucións a empregar.
* Non permite cambios no código co programa en funcionamento (en quente): hai que apagar o circuito e deter todo o funcionamento da montaxe, conectar o Genuino ao ordenador e cargar o programa coas modificacións.
Sensibilidade: Novamente a súa simpleza provoca que sexa un sistema moi sensible aos cortocircuitos, variacións de voltaxe, manipulación dos compoñentes e os contactos eléctricos, etc.

Os modelos básicos non contan con conexións externas como USB ou Ehternet (RJ-45).  Hai que mercar modelos concretos para dispor destas funcionalidades, pero cun funcionamento limitado ou que requiren dunha programación específica para cada compoñente.

RaspBerry Pi
– Vantaxes:
É un ordenador en miniatura, podemos programar en varias linguaxes de programación e aínda que oficialmente se basea en Debian, permite empregar outros sistemas operativos, pero con limitacións.
Potencia: Dispón dun procesador con suficiente potencia para controlar proxectos grandes.
Capacidade: Pode controlar varios dispositivos a vez.
Programable: Podemos modificar o programa en calquera momento e realizar as mismas acciíon que en calquera ordenador: gardar arquivos, enviar datos a servidores, etc.

– Desvantaxes:
Require coñecementos medios de programación.
Acceso ás GPIO: É compricado de programar a nivel de terminal, e dende unha linguaxe de programación require comandos especializados.
Consumo: Consumo elevado, mínimo 2,5A para funcionar. Esa é a razón de que apenas existan proxectos móbiles (con baterías) para RaspBerry pi.

¿Que son os GPIO?

Os GPIO son conectores de uso xeral (General Purpouse Input / Output, Entrada / Saída de Propósito Xeral).

Poden programarse para enviar ou recibir información a ou dende compoñentes externos a propia placa, o que permite conectalos a infinidade de dispositivos e manexalos dende Arduino ou RaspBerry Pi.

Máis información en Vocabulario