Arquivo da categoría: Sin categoría

Sábado 1 de Setembro de 2018 PECHADO

Ola, o sábado 1 de setembro de 2018 non abrimos debido a Feira Franca, xa que vai ser misión imposible ni tan siquera achegarse en coche a cidade.

Xa que logo, deixámolo para o sábado 8.

Lembrade que podedes acudir a visitarnos índa que non sexades socios, so tedes que poñérvos en contacto para avisarnos eiquí.

Gracias e desculpade as molestias.

Composteiro Vermes

O compañeiro Jose está a crear un pequeno composteiro con vermes, impreso en 3D.

Polo de agora é un proxecto pequeno sen rematar, pero conforme o perfeccione e vaia pulindo os detalles e introduza melloras irá medrando, igual que os vermes 😉

Tamén esta a empregar un pequeno estante do Ikea para cultivar leitugas con luz artifical aboado có compost que obtén dos vermes, con moi bo resultado, como se pode observar:

Estas leitugas fai aproximadamente un mes que se prantaron, e xa vedes o resultado.  Só con compost e luz artificial especial para cultivo.

 

Charla Impresoras 3D Aula Cemit de Poio

Ola, deixámosvos unhas fotografías da charla realizada na Aula Cemit Poio sobre as Impresoras 3D.

Por parte da Asociación PonteLabs acudiu Ignacio, tamén estivo Karos, a quen non lle quedaba outra que ir xa que é o responsable da aula ;-P


Ignacio, presidente da Asociación PonteLabs, explicando o proceso para obter os obxectos impresos coma os que amosa enriba da mesa, feitos por el coa impresora que ten as súas costas a partires de modelos dispoñibles na Internet.

 

 


Captura de pantalla do programa de laminado Ultimaker Cura, cun modelo 3D listo para imprimir.
Este figura en concreto é un modelo articulado, ao que se lle poden mover as patas e a cabeza, e imprímese dunha soa peza.
O “truco” está en imprimir as unións das articulacións con pouco filamento, de xeito que cun pouco de presión se solte e se poda mover esa parte da figura.


Reno articulado en plena impresión.
Vemos en acción a Impresora 3D, coa boquilla traballando na cola do reno. A peza blanca é a saída do ventilador para regular a temperatura da boquilla, xa que pode acadar máis de 250º C para fundir o plástico.


Resultado final en diferentes posicións. As cores pintáronse a man.


Impresora Anet A8 (Marca e modelo).  É un modelo económico baseado en hardware libre.  Aínda que actualmente esta a sendo superada por outro modelos máis avanzados, coma a Anet A6.


Robot eiruga. Excepto a circuitería, que se basea nunha placa Arduino de hardware libre, e os motores das rodas, o resto das pezas foron impresas.


Xoguete infantil no que o coche impúlsase coa axuda do aire dentro do globo.

LIGAZÓNS
Programa Ultimaker Cura: https://ultimaker.com/en/products/ultimaker-cura-software
Robot eiruga: SMARS: https://www.thingiverse.com/thing:2662828
Renos: https://www.thingiverse.com/thing:1178347
Coche globo-propulsado: https://www.thingiverse.com/thing:38053

Reunión sábado 23 de decembro de 2017

O sábado 23 abriremos no noso horario habitual de 17:00 a 20:30 horas.

Seguramente sexa a nosa derradeira xuntanza do ano e do grupo (¡glups!)… pero non vos inquededes, o vindeiro ano voltaremos con máis ilusión e agardamos que constituídos, ¡por fin!, coma asociación para poñernos mans a obra con novos-vellos proxectos que temos gardados no noso baúl de proxectos.

Como o primeiro sábado do novo ano cadra en día de Reis, probablemente a nosa seguinte xuntanza sexa o seguinte sábado, o 13 de xaneiro.

¡Que teñades boas festas e un bo ano 2018 e que a forza dos chips vos acompañen!

Contacto

Reunión Sábado 18

Boas, este sábado 18 temos xuntanza do grupo de 17:00 a 20:00 horas.

Entre outras cousas falaremos da visita e os eventos da xornada da OSHWDEM 2017 no que o noso sumobot lamentablemente non tivo a oportunidade de participar, aínda que gracias ao seu legado xa estamos a preparar un novo sumobot para o ano que ven.

Coma sempre podedes contactar con nós en https://www.pontelabs.org/contacto/

¡ Saúdos !