Arquivo da categoría: Eventos

Charla sobre as Impresora 3D

Nova edición na Aula Cemit de Poio, sita en Combarro, dobre as Impresoras 3D.

Será o martes 17 de xullo de 11:30 a 13:00 horas.

Falarase sobre o estado actual destes aparatos, o seu futuro e as múltiples posibilidades que ofrecen.

Farase unha pequena demostración práctica, por motivos de tempo, e explicarase o tipo de impresoras e tecnoloxías de impresión, as súas capacidades e os requisitos para o seu manexo.

Na seguinte ligazón dispoñedes de máis información e a inscrición: Aula Cemit de Poio

 

 

Charla Impresoras 3D Aula Cemit de Poio

Ola, deixámosvos unhas fotografías da charla realizada na Aula Cemit Poio sobre as Impresoras 3D.

Por parte da Asociación PonteLabs acudiu Ignacio, tamén estivo Karos, a quen non lle quedaba outra que ir xa que é o responsable da aula ;-P


Ignacio, presidente da Asociación PonteLabs, explicando o proceso para obter os obxectos impresos coma os que amosa enriba da mesa, feitos por el coa impresora que ten as súas costas a partires de modelos dispoñibles na Internet.

 

 


Captura de pantalla do programa de laminado Ultimaker Cura, cun modelo 3D listo para imprimir.
Este figura en concreto é un modelo articulado, ao que se lle poden mover as patas e a cabeza, e imprímese dunha soa peza.
O “truco” está en imprimir as unións das articulacións con pouco filamento, de xeito que cun pouco de presión se solte e se poda mover esa parte da figura.


Reno articulado en plena impresión.
Vemos en acción a Impresora 3D, coa boquilla traballando na cola do reno. A peza blanca é a saída do ventilador para regular a temperatura da boquilla, xa que pode acadar máis de 250º C para fundir o plástico.


Resultado final en diferentes posicións. As cores pintáronse a man.


Impresora Anet A8 (Marca e modelo).  É un modelo económico baseado en hardware libre.  Aínda que actualmente esta a sendo superada por outro modelos máis avanzados, coma a Anet A6.


Robot eiruga. Excepto a circuitería, que se basea nunha placa Arduino de hardware libre, e os motores das rodas, o resto das pezas foron impresas.


Xoguete infantil no que o coche impúlsase coa axuda do aire dentro do globo.

LIGAZÓNS
Programa Ultimaker Cura: https://ultimaker.com/en/products/ultimaker-cura-software
Robot eiruga: SMARS: https://www.thingiverse.com/thing:2662828
Renos: https://www.thingiverse.com/thing:1178347
Coche globo-propulsado: https://www.thingiverse.com/thing:38053