Arquivos mensuais: Maio 2018

Composteiro Vermes

O compañeiro Jose está a crear un pequeno composteiro con vermes, impreso en 3D.

Polo de agora é un proxecto pequeno sen rematar, pero conforme o perfeccione e vaia pulindo os detalles e introduza melloras irá medrando, igual que os vermes 😉

Tamén esta a empregar un pequeno estante do Ikea para cultivar leitugas con luz artifical aboado có compost que obtén dos vermes, con moi bo resultado, como se pode observar:

Estas leitugas fai aproximadamente un mes que se prantaron, e xa vedes o resultado.  Só con compost e luz artificial especial para cultivo.