Arquivos mensuais: Xaneiro 2018

Charla Impresoras 3D na Aula Cemit de Poio

Coma en anteriores ocasións colaboramos coa Aula Cemit de Poio, sita en Combarro, na realización dunha charla sobre as Impresoras 3D.

Será o venres 2 de marzo de 19:30  21:00 horas.

Falarase sobre o estado actual destes aparatos, o seu futuro e as múltiples posibilidades que ofrecen.

Farase unha pequena demostración práctica, por motivos de tempo, e explicarase o tipo de impresoras e tecnoloxías de impresión, as súas capacidades e os requisitos para o seu manexo.

Na seguinte ligazón dispoñedes de máis información e a inscrición: Aula Cemit de Poio