Reunión sábado 23 de decembro de 2017

O sábado 23 abriremos no noso horario habitual de 17:00 a 20:30 horas.

Seguramente sexa a nosa derradeira xuntanza do ano e do grupo (¡glups!)… pero non vos inquededes, o vindeiro ano voltaremos con máis ilusión e agardamos que constituídos, ¡por fin!, coma asociación para poñernos mans a obra con novos-vellos proxectos que temos gardados no noso baúl de proxectos.

Como o primeiro sábado do novo ano cadra en día de Reis, probablemente a nosa seguinte xuntanza sexa o seguinte sábado, o 13 de xaneiro.

¡Que teñades boas festas e un bo ano 2018 e que a forza dos chips vos acompañen!

Contacto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *