Arquivos mensuais: Xaneiro 2017

Reunión 4 de Febreiro

Vindiera Reunión o 4 de Febreiro.

Continuaremos traballando nos nosos trebellos para que vaian collendo forma e cabilando nos novos proxectos que están por vir…

Os requisitos indispensables e inexcusables para acceder ao noso grupo son dous: 1) Ter gañas de fedellar e 2) colaborar cos demáis membros botando un man.

Información de contacto eiqui: https://pontelabs.wordpress.com/contacto

Reunión 21 de Xaneiro

O sábado 21 de xaneiro teremos a primeira reunión do novo ano, de 16:30 a 19:30 na Casa da Luz / Casa do Turista.

Planificaremos e concretaremos as datas e prazos dos proxectos e actividades do grupo previstas para este ano.

Coma sempre, quen desexe vir a coñecernos con ganas de fedellar e botar unha man será benvid@.

Información de contacto eiqui: https://pontelabs.wordpress.com/contacto