Arquivos mensuais: Novembro 2016

Vindeira Reunión: 17 de decembro

O sábado 17 de decembro teremos a derradeira reunión deste ano 2016 , de 16:30 a 19:30 na Casa da Luz / Casa do Turista.

Planificaremos as actividades a levar a cabo para o ano 2017, avanzando nos proxectos en marcha e vendo cales poderemos ir comenzando, contando para iso coa colaboración do Concello de Pontevedra dende a Concellería de Novas Tecnoloxías.

Coma sempre, quen desexe vir a coñecernos con ganas de fedellar e botar unha man será benvid@.

Información de contacto eiqui: https://pontelabs.wordpress.com/contacto

Xuntanza do 12 de novembro

Asisitu o Concelleiro de Novas Tecnoloxías, Alberte Oubiña (@aOubinha), quen se amosou moi interesado no traballo e os proxectos que realizamos no grupo, polo que nos botará unha man tratando de localizar algún local no que dispoñamos dun espazo propio para nos.

Tamén nos visitou Xose, do grupo BricoLabs, un dos artífices do EscornaBot, co que mantivemos unha interesante e longa charla sobre o movemento maker en Galicia, a súa experiencia en BricoLabs, organizado e colaborando en eventos como a Maker Faire Galicia e dándonos consellos sobre os seguintes pasos que debemos dar para ir asentando o grupo e avanzar cara a proxectos máis ambiciosos.